0

núa 3 ten dous sentidos e un parafuso

PERCORRIDO NESTE SENTIDO
21 CONCEPTOS QUE NON ADMITE UN AUTÉNTICO TEATRO CONTEMPORÁNEO » Guillermo Heras

ESCATOLOXÍA E RESISTENCIA POLÍTICA NA ESCENA CONTEMPORÁNEA » Eduardo Pérez Rasilla

APUNTAMENTOS EN DEFENSA DUN PÚBLICO MOI ESPECIAL  » Chefa Alonso

ILUSTRACIÓNS DE NÚA 3: “UNA CONVERSACIÓN CON ANA HATHERLY” » Casilda García Archilla

ARRAÑADURAS  » Guillermo Heras

.
PERCORRIDO NESTE OUTRO SENTIDO
 A VOZ NO PROCESO DE CREACIÓN » Nuria Gullón

NACE A ASOCIACIÓN CULTURAL DE AMIGOS DE TEATRO ENSALLE » Teatro  Ensalle

SUPER 8 (PROCESO DE CREACIÓN) » Compañía teatro VOADORA

SOCIOPOLÍTICA DA INVISIBILIDADE: Insólito proceso de creación e posta en escena de

7.000 galliñas y un camello, de Jesús Campos » Julio Fernández

ENTREVISTA A TEATRO ARTE LIVRE » Diana Mera +  Roberto Cordovani e Eisenhawer Moren

.

.

PROCESO SUPER 8, VOADORA

SUPER 8 VOADORA

0

PRESENTACIÓN DO NÚMERO 3 DE NÚA

núa 3  NO TEATRO ARTE LIVRE

.

27 de setembro ás 21.30h no Teatro ARTE LIVRE

.

Presentación 3º número da Revista Núa

.

III Encontro de procesos de creación escénica

1. Paper Dolls/ Teatro + Documental/ Cía. Inversa Teatro/ Dirección e dramaturxia: Lola Correa/ Interprétes: Vanesa Sotelo e Marta Pérez.

.
2. M.O.R.G.U.E./Teatro/ Cía. Xerpo/ Dirección: Irene Moreira/ Intérpretes: Samuelino e Álex Sobrino.
.
3. Un disfraz equivocado /danza /Cía. Cisma /Dirección e interpretación: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCuden
.
4. Arrañaduras, de Guillermo Heras/Lectura dramatizada/ Lois Blanco Araujo, Noemí Pinto López, Laura Alonso Álvarez e Pablo Alonso Martínez.
.

COLABORAN NESTE NÚMERO DA REVISTA:

Chefa Alonso
Nuria M. Gullón
Eduardo Pérez-Rasilla
Voadora (Marta Pazos, Hugo Torres e Jose Díaz)
Roberto Cordovani e Eisenhawer Moreno
Guillermo Heras
Casilda García Archilla
Julio Fernández
Diana Mera
0

Núa chisca o seu ollo

Diana Mera

Núa é unha forma branca, pequena e pobre que nace da necesidade de crear un novo espazo para as artes do espectáculo a partir da renuncia a calquera tipo de patrocinio institucional, ao formato convencional e á obxectividade ben entendida.
Núa é unha entidade que non debe ser nada máis do que ten que ser, e iso, a pesar das grosas pinceladas que configuran e delimitan o marco de tránsito, é algo aínda só intuído que descoñecemos en profundidade e debemos descubrir. E neste proceso de búsqueda, que acaba tan só de comezar, asentamos os nosos alicerces, ao igual que outras fixeron antes, nunha máxima sinxela e clara que nos permite movernos con flexibilidade: o convencemento de que a falta de medios económicos non pode traducirse, xamais, en impedimento e freo para que o impulso se transforme unha e outra vez, para que a imaxe se propague e o verbo latente se poida manifestar. Porque aquilo que necesita expresarse atopa o seu lugar, distánciase das pegadas que se autoaniquilan sob o peso da repetición, na procura da póla quebrada, a caída, a colisión, o impacto que desoriente e afaste de sentencias definitivas. Un asomo de vida que xermine desde as rupturas reducido á mínima expresión, escaso de roupa, con abrigo de refugallos, zapatos sen cordóns e buracos nos petos.
Núa pretende dar voz viva e vigorosa a aquelas compañías, creadoras e autoras que están a dar os seus primeiros pasos nos campos literario e escénico (entendidos ambos desde unha óptica aberta) ou a quen, con camiños xa comezados, carecen da suficiente visibilidade nos espazos de referencia do panorama teatral galego. Neste contexto é onde quixeramos que teñan unha presenza constante os traballos que se centren no proceso de creación, sob o prisma de novas linguaxes, mediante reflexións desde a distancia e a exposición de deseños, bosquexos, apuntamentos ou notas recollidos nos cadernos de dirección.
Núa tamén quere abrir as portas a todas aquelas persoas que, desde unha posición crítica e creativa, queiran colaborar nesta nosa pretensión de dar luz ao coñecemento dos múltiples aspectos que conforman o mundo das artes do espectáculo e, ao mesmo tempo, estimulen a aparición de novos interrogantes.
Moitas grazas a todas as que vos subscrebístedes a cegas antes da saída do primeiro número da revista, dándonos un voto de confianza, participando así da nosa “impostura” (segundo algunhas línguas) para fuxir dun proceso formal que nos fai bocexar e que consideramos innecesario para o camiño que queremos emprender.
Grazas por acompañarnos nesta feira de venta ambulante que montamos. Que marabillosa e rexuvenecedora é a falta de rigor e seriedade colectiva! Fixéstedesnos lembrar aqueles tempos do instituto nos que, co desexo de fuxir da vixilancia de mamá e papá, cambiabamos papeliños por diñeiro, rifas para a excursión X, diciamos nós. Sorteábanse xamóns, bicicletas ou cestas de nadal que a miúdo non tocaban a ninguén e en ocasións nin sequera existían. Neste caso, podedes estar tranquilas, o noso papel leva premio e Núa é a encargada de repartilo, presentándose nas portas das vosas casas ou caendo nas vosas mans, catro veces por ano, cunha puntualidade estacional para chiscarvos un ollo e evitar que vos esquezades de nós.
Quixera manifestar tamén o noso profundo agradecemento a todas as que colaborástedes cos vosos escritos e traballos para dar vida a esta publicación, facendo realidade o que hai tan só catro meses era un rocho cunha fachada chea de vontade e ilusión mais un interior de ideas revoltas e difusas onde non se albiscaba ren.
Neste primeiro número queremos entregarvos unha pedra de mar que recollimos na praia, deitada na area, núa e chea de serenidade. Agardamos que escoitedes o que ten para dicirvos, e no caso de non sentirdes nada, como diría alguén do país “unha pedrada a tempo na cabeza arranxa todo e ata pode salvarnos dunha morte prematura”.

0

PRESENTACIÓN DA REVISTA NÚA

I ENCONTRO DE PROCESOS DE CREACIÓN ESCÉNICA

27 DE XANEIRO, 2011, 20: 30  H.

.

Virxe-Puta-Nai / Performance /Paulina Funes
.
Agorafobia de Clara Gayo / Lectura dramatizada / Mónica Sueiro e María Caparrini
.
Anaglifo / Video danza proxección / Begoña Cuquejo
.
Drama naiperiano / Miniconferencia / Damero Mudo
.
Azag / Escena deserta /Act. Teté García, Dir. Diana Mera

.

COLABORAN NESTE NÚMERO

Paulina Funes

Vanesa Sotelo

Clara Gayo

Chefa Alonso

Ánxela Doval

Julio Fernández

Antón Ferreiro

Diana Mera

Ester F.R./Martiño G. R.

Josu Montero

COSEGA

Óscar Cornago